miércoles, 6 de enero de 2021

Tema 6 Gonzalo Constenla: dosier

Moi boas a tod@s de novo! Vou continuar co tema 6 deste segundo bloque, que se centra fundamentalmente nas programacións didácticas e nas oposicións. Mais concretamente, neste dosier vou falar da tarefa que realicei cos meus compañeiros Marcos Miguéns e Belén Pedreira.

A tarefa que desenvolvimos tiña como principal obxectivo a análise dunha programación didáctica real pertencente a un centro de libre escolla. Para levala a cabo, tivemos que deseñar unha presentación oral para expoñer ó resto de compañeiros da clase e, ademais, elaboramos tamén un informe máis detallado e minucioso sobre a mesma, o cal tamén entregamos tamén a Gonzalo. Adxunto aquí ámbolos dous documentos para que poidades botarlles unha ollada.

Presentación de diapositivas:



Informe da programación:



A verdade é que en liñas xerais a realización tanto da presentación como do respectivo informe foi moi satisfactoria. Sí que quero destacar que tanto eu como o meu grupo estivemos un pouquiño estresados, xa que xuntouse co proxecto final da materia do tema 7, o cal tiñamos que expoñer o mesmo día, mais finalmente todo saíu ben. O traballo en equipo volveu ser outra vez un acerto rotundo, xa que as programacións didácticas son documentos moi densos e extensos, e deste xeito puidemos repartir os diferentes apartados da programación entre os integrantes do grupo, facéndose moito máis factible. 

Como xa comentara noutra entrada do blog, tiven outra materia no módulo común sobre deseño curricular, onde cada alumno tivo que deseñar a súa propia unidade didáctica. Pero, porén, non demos moito contido sobre programacións didácticas completas, e é por iso que este tema 6 resultoume moi esclarecedor xa que a programación didáctica é unha das bases máis importantes para as oposicións de secundaria, como precisamente vimos tamén nesta unidade (pero iso o comentarei máis a fondo na entrada de diario).

Ademais, para a elaboración destas dúas tarefas tiven que botar man da rúbrica da segunda proba da fase oposición-A, xa que o meu grupo tiña que avaliar e por unha calificación numérica á programación escollida do centro (no noso caso o IES plurilingüe Fontexería, de Muros, en A Coruña), e a verdade é que foi moi interesante porque puiden observar os puntos que o tribunal avalía na oposición. 

En resumo, foi unha actividade que requeriu moito esforzo por parte do grupo, tanto na escolla do centro e da programación como na análise minuciosa dos diferentes apartados da mesma, pero da que saquei moito en limpo. Como aspecto negativo non teño nada que engadir, máis aló do xa comentado solapamento da actividade co proxecto final da materia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tema 11 Cristina Rodríguez Didáctica

Moi boas a tod@s! Esta entrada de blog vai estar adicada a facer unha análise e reflexión sobre o tema 11, referente á avaliación na aula de...