miércoles, 6 de enero de 2021

Tema 5 Gonzalo Constenla: diario

Nesta entrada de diario gustaríame facer un balance das sesións correspondentes ó tema 5, que tiveron lugar o martes 10 de novembro, o luns 16 de novembro e o luns 24 de novembro. É certo que foron 3 sesións de 4 horas cada unha (exceptuando a do martes 10 que durou 2 horas), pero, ó igual que comentei nas entradas de blog sobre os temas de Carla Bouzada, o tempo pareceume escaso en relación á densidade dos contidos. Porén, comprendo que o propio calendario e organización do máster, así como os créditos asignados á asignatura fan que teña dita carga horaria. Ó meu favor xogaba o feito de que xa tivera unha materia no módulo común que funcionou como unha especie de introdución a este tema, xa que versaba íntegramente sobre deseño curricular. Mais dito isto, penso que todo o demais foi positivo. 

En primeiro lugar, como xa comentei brevemente no dosier deste tema, o traballo cooperativo pareceume un dos aspectos máis reseñables desta materia. Penso que axudou moitísimo a optimizar a dinámica da clase, así como a cohesionar ó alumnado nun ano no que a pandemia marcou a tendencia de docencia online. Gustoume moito tamén e emprego da ferramenta dixital Kahoot neste tema 5. Eu considérome un gran defensor da innovación na aula, e penso que o feito de empregar esta plataforma interactiva plantexa unha concepción da clase totalmente distinta, xa que favorece a participación de todo o alumnado de xeito competitivo.

En canto ó puramente teórico, penso que fun quen de familiarizarme cos contidos referidos ó currículo, así como cos diferentes graos de concreción curricular no noso sistema educativo e as institucións encargadas deles. Como comentei no dosier deste tema 5, a parte da Escola Oficial de Idiomas pareceume a máis interesante, xa que non sabía moito acerca da súa estrutura e organización, e é a miña intención matricularme cara ó ano que ven na EOI de Vigo para obter unha titulación en lingua inglesa e portuguesa, dúas das linguas que estudei no meu grao.

Outro aspecto a destacar é o feito de coavaliar a outros grupos nas presentacións iniciais por medio dunha rúbrica. Pareceume un método realmente orixinal e produtivo, e tamén axudou a familiarizarse co formato das rúbricas. O meu grupo, composto por Belén Pedreira, Anxo Loureiro e mais eu avaliamos ao minigrupo 1, e chegamos á conclusión de que a coavaliación é unha ferramenta moi a ter en conta nas nosas aulas, e que ademais permite que os alumnos se esforcen un chisquiño máis, xa que coñecen de antemán as premisas sobre as que van ser avaliados.

En resumo, póñolle unha boa nota ó transcurrir deste tema 5. A pesar de que os contidos eran un pouco áridos, o resultado foi gratificante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tema 11 Cristina Rodríguez Didáctica

Moi boas a tod@s! Esta entrada de blog vai estar adicada a facer unha análise e reflexión sobre o tema 11, referente á avaliación na aula de...