jueves, 28 de enero de 2021

Tema 3 Cristina Rodríguez Didáctica

Ola a tod@s! Que tal estades? Nesta entrada de blog vou facer unha valoración sobre o tema 3 da materia de "Didáctica do Ensino das Linguas Estranxeiras", impartido pola profesora Cristina Rodríguez. Esta unidade céntrase nas estratexias de comunicación, concretamente nas actividades de mediación, interacción, expresión e comprensión na aula de linguas estranxeiras. O meu obxectivo nesta entrada é facer unha mestura de dossier e diario, é dicir, facer un repaso e incluír os resultados das actividades máis importantes realizadas durante o desenvolvemento do tema e presentar achegas e reflexións sobre os mesmos, así como unha valoración final sobre esta parte da materia. 

En primeiro lugar, gustaríame destacar o que dende o meu punto de vista foi un dos aspectos máis salientables e positivos desta unidade: o traballo colaborativo. Todas as tarefas que tivemos que deseñar nesta unidade baseáronse nun traballo por grupos. Ó igual que comentei na entrada do tema 1 de Gonzalo, penso que esta modalidade de traballo facilitou moito a adquisición dos contidos, á vez que fixo a dinámica da propia clase máis amena e entretida. Gustoume tamén o feito de que a profesora Cristina fose profesora da Escola Oficial de Idiomas, xa que ofreceu un punto de vista diferente e moi enriquecedor nesta materia. Ademais, como xa comentei noutras entradas, teño como obxectivo ingresar na EOI de Vigo o curso que ven, e gustoume ouvir falar de diferentes aspectos sobre a mesma. Unha vez destacados estes dous aspectos, pasemos a falar das actividades per se.

Escola Oficial de Idiomas de Vigo


A primeira actividade realizada neste tema 3 foi a creación dun glosario de termos. A profesora dividiu a clase en pequenos grupos, e cada grupo debía deseñar unha definición para cada termo proposto. Eu traballei con Diego Rodríguez e Andrea Fernández sobre a definición de 'mediación'. Aquí tedes o resultado da nosa tarefa:


Traballamos en parellas sobre outra tarefa consistente na análise dunha actividade de mediación. Desta vez traballei con Bita Saghaeian. Escollimos a actividade 6 das propostas pola profesora, xa que pareceunos a máis interesante de todas. Esta actividade de mediación consistía nun vídeo no que o famoso actor Antonio Banderas fai traducións a persoas anglosaxonas de palabras pertencentes á 'slang' española. A partires dese vídeo, os alumnos tiñan que deseñar un similar pero con expresións galegas para que a nova profesora auxiliar de conversa de orixe estadounidense fora quen de coñecer un pouquiño máis a idiosincrasia da 'Galician slang'. Por aquí tedes o resultado do noso traballo: 



Tamén creamos unha actividade de mediación lingüística en parellas. Traballei con Andrea Fernández de novo. A verdade é que, dende o meu punto de vista, foi a actividade máis interesante deste tema, xa que afondamos moito nela e ampliámola cos contidos do tema 11, como veremos na vindeira entrada do blog. Deseñamos unha actividade na que os alumnos debían visualizar un vídeo sobre as diferentes etapas da historia de Galicia en castelán, e logo debían explicarllas ós alumnos de intercambio de orixe anglosaxón que se atopaban na súa clase, para dese xeito involucralos no coñecemento da cultura e identidade galega. Aquí podedes botar unha ollada á actividade completa (a excepción da parte da avaliación que correponde ó tema 11):


A última tarefa que traballamos neste tema consistiu na creación dunha actividade ben de comprensión oral, ben de comprensión escrita. Traballei con Vania Rodríguez e Leopoldine Pintor, e centrámonos na comprensión oral. Creamos unha actividade baseada nunha receita dun prato canadiense, que consistía en dúas fases: unha primeira de pre-visualización dun vídeo explicando a receita e outra segunda de comprensión propiamente dita do contido do vídeo. Pareceunos unha actividade moi interesante, e da que realmente aprendemos moito. Déixoa aquí para que a poidades ver:


Estas son, en definitiva, as actividades sobre as que traballamos nesta unidade 3 da materia. A verdade é que todas parecéronme súper interesantes, e penso tamén que todas contribuíron para acadar os obxectivos do tema. Como xa comentei, a que máis me gustou foi a terceira, xa que foi, por así dicilo, como unha especie de unidade didáctica pequeniña, na que a miña compañeira e mais eu íamos completando os diferentes apartados até rematar coa parte de avaliación, na que elaboramos unha rúbrica moi detallada que comentarei na seguinte entrada. 

A modo de valoración xeral deste tema, quero dicir que aprendín moito, e creo que todos os contidos son moi relevantes para o meu futuro como docente en lingua inglesa. Ademais, en canto á propia docencia, a profesora explicou todas as partes dos contidos dun xeito moi detallado, minucioso, e claro, o que tamén axudou en moita medida a comprender as diferentes actividades de comprensión, expresión, interacción e mediación. En resumo, fico moi contento co desenvolvemento desta unidade, e creo, sinceramente, que foi unha das partes do máster en que máis cousas útiles aprendín, ademais de prácticas, xa que quizais outras materias eran un bocadiño máis abstractas e áridas. 

3 comentarios:

  1. O profe de portugués - https://oprofedeportugues.fala.gal/

    Boas tardes, Víctor! Antes de máis douche os parabéns pola claridade e as grazas por compartir connosco os resultados das vosas tarefas, ademais integrándoas no blogue e con cadansúa explicación pormenorizada.

    Coincido contigo en que ter unha docente que veña propiamente da Escola Oficial de Idiomas é súper enriquecedor para o máster, xa que acostumamos centrarnos demasiado no ensino en centros educativos de secundaria e no ensino de linguas neles. De feito, en principio realizarei as miñas prácticas na EOI de Pontevedra e creo que me poden axudar moito os contidos que vimos.

    No fondo, penso a mellor maneira para aprendermos é da maneira que o fixemos, experimentando coa creación de tarefas e exprimindo a neurona aplicando os conceptos que imos tratando ao longo das aulas.

    Un abrazo!!

    ResponderEliminar
  2. Boas, Víctor!
    En primeiro lugar, felicítote por esta entrada tan completa e detallada sobre o tema 3 e as actividades que levamos a cabo nel. A verdade é que, com ben dis, o traballo colaborativo resultou ser o mellor método para pór en práctica a teoría que vimos e axudou moito o papel activo que tivemos na aprendizaxe a través destes exercicios, xa que foron moi dinámicos e recibimos feedback constante en moitos deles. Tamén concordo contigo en que foi quizais un dos apartados máis prácticos do máster e no que máis puidemos ver a aplicación da práctica docente en situacións reais.
    Noraboa de novo, un pracer traballar contigo!

    ResponderEliminar
  3. Hola Víctor, soy Pablo Mouriño.

    Lo primero, enhorabuena por tu entrada, creo que sintetiza muy bien lo que se trabajó en clase y describe muy bien la metodologóa docente empleada en clase.

    Estoy muy de acuerdo con tu valoración, como es tu caso, yo también valoro muy positivamente el que el contenido de la clase estuviese contextualizado en una EOI, ya que así nos familiarizamos con un contexto que puede que entre en nuestro futuro, ya sea como docentes o como alumnos. También comparto tu opinión sobre la naturaleza de esta materia´menos abstracta y conceptual que otras, siendo más práctica y orgánica.

    De nuevo enhorabuena por tu gran entrada, un abrazo, amigo.

    ResponderEliminar

Tema 11 Cristina Rodríguez Didáctica

Moi boas a tod@s! Esta entrada de blog vai estar adicada a facer unha análise e reflexión sobre o tema 11, referente á avaliación na aula de...