viernes, 29 de enero de 2021

Tema 11 Cristina Rodríguez Didáctica

Moi boas a tod@s! Esta entrada de blog vai estar adicada a facer unha análise e reflexión sobre o tema 11, referente á avaliación na aula de linguas estranxeiras, e impartido pola profesora Cristina Rodríguez. Vai ser un bocadiño diferente á do tema 3, xa que únicamente fixemos unha actividade na clase para esta unidade. Polo tanto, primeiro gustaríame comentala un pouquiño, así como facer unha breve presentación dos resultados; logo continuarei comentando diferentes cuestións teóricas que parecéronme interesantes sobre os contidos desta unidade; e, finalmente, farei unha valoración xeral do desenvolvemento da unidade. 

Como digo, nesta unidade fixemos unha tarefa realmente interesante sobre cuestións referentes á avaliación. Tratábase dunha ampliación do exercicio feito na unidade 3 sobre a creación dunha actividade de comprensión oral. Polo tanto, traballei outra vez con Andrea Fernández, e dende o meu punto de vista, o resultado foi moi bo. Deseñamos unha rúbrica para avaliar o traballo e desempeño do alumnado na actividade, e despois respostamos a unha serie de cuestións formuladas pola profesora sobre o propio emprego da rúbrica ou cuestións como a coavaliación ou o feedback. Aquí podedes ollar o resultado do noso traballo:


Traballamos de xeito moi eficiente, pero quizais a cuestión máis compricada foi o feito de redactar os diferentes descriptores da rúbrica, xa que a profesora indicábanos que non debiamos ser tan xerais á hora de formulalos. Nós ó comezo empregamos adxectivos calificativos do tipo 'considerable' ou 'aceptable', mais finalmente suprimímolos no canto de seren máis específicos en canto ós criterios. Pero, en resumo, fiquei moi contento co desenvolvemento e o resultado da actividade, e creo sinceramente que axudounos moito para afianzar os conceptos tratados nesta unidade, cos que eu persoalmente non estaba moi familiarizado, como por exemplo as rúbricas.

Grazas ás explicacións deste tema 11 descubrín que as rúbricas son, sen lugar a dúbidas, un dos instrumentos máis eficientes tanto para o profesorado como para o alumnado. En canto ó alumnado, permiten que coñeza de antemán os criterios que teranse en conta para a avaliación do seu traballo; en canto ó profesorado, plantexan unha serie de criterios transparentes de cara ós alumnos. Pareceume interesante unha frase que aparecía na presentación deste tema, e que dicía que as rúbricas "son descriptivas, non avaliativas. Emparéllase a actuación/produto coa descripción, non se emite un xuízo". É unha idea que creo que é clave para comprender o funcionamento dunha rúbrica, xa que soe haber moita confusión ás veces en torno a elas. Por exemplo, é moi común mesturar o concepto de rúbrica co de baremo, mais non son sinónimos nin moitísimo menos, como ben explicou Cristina en clase. Podedes premer aquí para botar unha ollada a un bo exemplo para o deseño dunha rúbrica que figura tamén na plataforma de Moovi. Tamén déixovos aquí o enlace para que accedades ó repositorio de rúbricas do INTEF, que tamén contén exemplos moi interesantes.

Gustoume tamén falar sobre a coavaliación e a autoavaliación, xa que son dúas metodoloxías que, na miña experiencia na educación secundaria e no bacharelato, case non experimentei. Sí que é certo que noutra asignatura deste máster, impartida por Gonzalo Constenla, empregamos o método de coavaliación para avaliar a outros grupos da clase na realización dunha serie de presentacións orais, e a verdade é que a sensación que me trasmitiu esta metodoloxía foi moi positiva. Deste xeito, pódense detectar erros e acertos nos traballos dos compañeiros e, ó mesmo tempo, podes aplicalos ó teu propio traballo, o cal é moi positivo e enriquecedor. 


Pareceume súper enriquecedora tamén a parte do tema adicada á avaliación formativa e á súa importancia, xa que aprendín moito sobre ela. A modo de definición, poderíamos dicir que a avaliación formativa monitoriza a aprendizaxe do alumnado, xa que proporciónalle feedback continuo para a súa mellora. Polo tanto, tal e como vimos nesta unidade, a avaliación consiste en recoller datos do alumnado para tomar unha serie de decisións no proceso de ensino-aprendizaxe. Isto a verdade é que pareceume bastante curioso, xa que de cativo sempre asociei a palabra avaliación cunha nota numérica, como penso que tamén faría a gran maioría do alumnado en etapas temperás. Gustaríame facer mención dun experimento amosado pola profesorsa nesta unidade, o chamado experimento de Ruth Butler (1988), no que se dividiu un número elevado de alumnos en 3 grupos: grupo A, grupo B e grupo C. O grupo A obtivo como resultado da súa tarefa unha nota, o grupo B obtivo a nota mais os comentarios, e o grupo C obtivo soamente comentarios. E sí, efectivamente foi o grupo C o que mellores resultados obtivo grazas a eses comentarios e observacións feitas por parte do profesorado; noutras palabras, o feedback prevalece sobre a nota numérica, xa que realmente proporciona argumentos para a mellora do alumando, mentres que a nota é exclusivamente unha cifra que non achega nada máis que o propio número. 


Creo sinceramente que en España dáse moita máis importancia á nota que a calqueira outro aspecto referido á avaliación, e, dende o meu punto de vista, isto é un erro colosal. Está claro que obter unha boa nota normalmente denota que o alumno cumpriu coas espectativas agardadas, pero unha nota non é quen de analizar o rendemento dun alumno durante un trimestre, cousa que sí que é capaz de facer a avaliación formativa, que mediante observación na aula, entrevistas, cuestionarios, diarios, portfolios, ou rúbricas (entre outras ferramentas) permite facer un diagnóstico máis preciso do alumno en cuestión. Un alumno pode ter un mal día nun exame, e suspender, e non por iso merece suspender un trimestre, xa que é posible que durante o resto do curso ofrecera un rendemento óptimo. 

En resumo, e como se pode observar nas miñas reflexións, este tema pareceume tremendamente interesante, e saquei moitas ideas en claro. Penso que foron uns contidos moi importantes de cara ó meu futuro labor docente. De novo, e como xa indiquei na entrada anterior, o traballo en grupos pareceume un dos aspectos máis salientables. Nun balanzo xeral, califico moi positivamente esta parte da materia impartida por Cristina Rodríguez, e a verdade é que non teño ningún aspecto negativo a comentar. 

3 comentarios:

  1. ¡Hola, Víctor!

    Después de leer tu entrada me di cuenta de que coincido contigo en prácticamente todas las reflexiones que dejaste por aquí. Yo tampoco estaba demasiado familiarizada con las rúbricas y este tema me ayudó mucho a entenderlas, a distinguirlas de los baremos (ya que, al principio, yo pensaba que eran lo mismo) y a saber cómo crearlas correctamente. Además, me pareció muy importante el hecho de que el alumnado las tenga que conocer de antemano para saber a qué atenerse porque normalmente los profesores suelen dar algunas pautas, pero nunca son tan precisas como para saber exactamente en qué grado de corrección estará tu trabajo (o bueno, esto es lo que me pasaba a mí cuando estudiaba y no estaban de moda las rúbricas). Por cierto, enhorabuena tanto a ti como a Andrea porque creo que vuestra rúbrica os quedó súper completa. Y gracias por el repositorio de rúbricas del INTEF. ¡Ten por seguro que recurriré a él en el futuro!

    Yo también encontré muy enriquecedor poner en práctica la coevaluación en Contexto con Gonzalo, así que haber profundizado más en ella con Cristina me pareció estupendo para poder poner en una balanza los pros y las contras y así pensar en cómo llevarla a las aulas en el futuro.

    Por último, respecto al feedback, ahora que estamos recibiendo mucho feedback de las actividades que hemos estado haciendo a lo largo del máster, me estoy dando cada vez más cuenta de que me resulta más constructivo (y me alegra más) leer lo que los docentes piensan de mi trabajo y mi esfuerzo, a ver la nota que me ponen. Por lo tanto, pienso que hay que cambiar el chip de una vez y empezar a restarle importancia a la calificación y a darle mayor peso a la evaluación formativa.

    Un placer leer tu entrada. Nos vemos en clase. ¡Un abrazo!:D

    ResponderEliminar
  2. Ola, Víctor!

    Gustoume moito esta entrada, especialmente porque se nota que é un tema sobre o que tes moito que dicir. ''Creo sinceramente que en España dáse moita máis importancia á nota que a calqueira outro aspecto referido á avaliación, e, dende o meu punto de vista, isto é un erro colosal. Está claro que obter unha boa nota normalmente denota que o alumno cumpriu coas espectativas agardadas, pero unha nota non é quen de analizar o rendemento dun alumno durante un trimestre'', subscribo estas liñas punto por punto, non hai máis que ver como na primeira clase dunha materia as primeiras preguntas sempre van dedicadas a avaliación. Do mesmo xeito, a importancia que lle damos a nota como valor numérico é preocupante, xa que diminúe de forma directa a nosa capacidade de aprender de forma orgánica (por exemplo, cando un alumno recibe un traballo escrito e automáticamente mira a cualificación, ignorando os comentarios do docente).

    Saudiña!

    ResponderEliminar
  3. O profe de portugués - https://oprofedeportugues.fala.gal/

    Boas, Víctor! Moitos parabéns polo artigo e pola claridade coa que explicas o contido e as túas opinións.

    Concordo contigo en que é un erro darlle tanta centralidade á cualificación numérica na avaliación, algo que deshumaniza o alumnado e converte o docente nunha máquina de asignación de números que non reflicten nada máis profundo.

    Ao final, aínda que estamos bastante atados neste sentido polas normativas e os "vicios" do sistema educativo, penso que podemos exercer unha docencia moito máis construtiva e minimizar a importancia do número.

    Espero que consigamos facelo!

    Un saúdo,

    Marcos

    ResponderEliminar

Tema 11 Cristina Rodríguez Didáctica

Moi boas a tod@s! Esta entrada de blog vai estar adicada a facer unha análise e reflexión sobre o tema 11, referente á avaliación na aula de...