jueves, 7 de enero de 2021

Tema 6 Gonzalo Constenla: diario

Saúdos a tod@s de novo! Nesta entrada de diario gustaríame falar do desenvolvemento do tema 6, o cal tratamos de xeito profundo na sesión do día luns 30 de novembro. Como xa deixei entrever na entrada de dosier deste mesmo tema, gustáronme moitísimo os contidos tratados, tanto a fase de concurso-oposición como a sección sobre as programacións didácticas e a súa análise. 

Con respecto á temática das oposicións, teño que dicir que pareceume unha das partes máis útiles de toda a materia, xa que é algo co que moitos de nós teremos que lidiar nun futuro, e a verdade é que obter esta información tan detallada sobre a mesma foi un luxo. Debo admitir que eu, persoalmente non tiña moito coñecemento previo sobre a metodoloxía da examinación e a propia estrutura da oposición, polo que resultoume moi produtivo. De feito, non coñecía prácticamente nada sobre a fase de concurso e a súa relevancia, así que traballar cara a cara co documento do baremo das oposicións foi magnífico. Percateime de que ten moita importancia o feito de ter determinadas titulacións para obter unha ponderación que aumente a nota da oposición, como por exemplo unha titulación da Escola Oficial de Idiomas. 

Tampouco coñecía moito sobre a estrutura dunha programación didáctica, xa que únicamente deseñara unha unidade didáctica noutra materia pero sen ter o contexto da propia programación. É dicir, que foime moi útil facer o traballo grupal sobre a análise dunha programación didáctica dun centro real, xa que axudoume tanto a min como ó meu grupo a familiarizarnos coa mesma. Penso que foi moi importante, xa que tarde ou cedo, teremos que confeccionalas e traballar asiduamente con elas.

Gustaríame destacar tamén o feito de que Gonzalo engadira na plataforma de Moovi unha reflexión e avaliación persoal tanto do tema 5 como do tema 6, así como un cuestionario anónimo de avaliación da materia, que, sumados a estas entradas de diario do blog, penso que poden ser de moita axuda para o docente. Deste xeito, Gonzalo pode coñecer a nosa percepción sobre o desenvolvemento dos diferentes contidos da materia, así como as posibles recomendacións ou os aspectos que se poderían mellorar.

Aproveitando que esta é a última entrada do blog (a excepción da entrada do tema 7 onde soamente adxuntarei a miña presentación final), gustaríame incidir de novo no tempo para o desenvolvemento do temario. Penso que, en términos xerais, e tanto neste bloque de Gonzalo como no bloque de Carla, hai moi pouco tempo en comparación a todos os contidos para dar nas sesións. Sinceramente, este é o único punto 'negativo' da materia, xa que polo resto, non teño nada máis que engadir. A miña valoración sobre o profesorado é moi positiva, e penso que houbo coordinación entre ámbolos dous bloques. En resumo, penso que a materia foi moi interesante e esclarecedora de cara ó futuro. 


2 comentarios:

  1. Hola Victor! Estoy muy de acuerdo contigo este Tema 6 estuvo muy interesante yo también he descubierto muchas cosas sobre las oposiciones. Esta materia en general me interesó mucho pero como tú lamento no haber tenido más horas para poder profundizar y tratar los contenidos con más calma.

    ResponderEliminar
  2. Hola Víctor! Soy Pablo Mouriño. Estoy totalmente de acuerdo con tu reflexión final sobre la asignatura, la verdad es que hemos aprendido mucho en poco tiempo y es una pena de no disponer de más sesiones para tratar algunos de los temas que tratamos en la materia.

    También he de mencionar que, efectivamente, es un lujo poder trabajar con materiales de la oposición antes de ponernos a trabajar con ella cuando nos toque preparala, además creo que es también extremadamente útil trabajar con estos materiales antes de realizar nuestras prácticas del máster en un centro público, ya que (siendo optimistas) tendremos acceso a consultar a docentes que tienen que redactar programaciones docentes todos los años.

    Enhorabuena por tu entrada. Un abrazo, Pablo.

    ResponderEliminar

Tema 11 Cristina Rodríguez Didáctica

Moi boas a tod@s! Esta entrada de blog vai estar adicada a facer unha análise e reflexión sobre o tema 11, referente á avaliación na aula de...