miércoles, 6 de enero de 2021

Tema 3 Carla Bouzada

Boas de novo a tod@s! Esta é a última unidade do bloque de Carla Bouzada, correspondente ó tema 3. Quero comezar subliñando de novo, ó igual que nos dous tema anteriores, que me pareceu súper interesante, e é quizais a unidade que ten máis aspectos para reflexionar e meditar, xa que afástase da lexislación do tema 1 e das formalidades do MCERL do tema 2. Gustaríame tratar dous temas que parecéronme especialmente dignos de comentar, como son a sección adicada ó coñecemento declarativo, ás diferencias culturais e ós estereotipos e tamén a sección sobre as linguas e as correntes prescriptivas e descriptivas. 

A sección que fala sobre o coñecemento declarativo ten unha extensión considerable nos contidos desta unidade, precisamente porque ten moitos aspectos interesantes a remarcar. Segundo o exposto na clase, o coñecemento declarativo divídese en tres ramificacións: coñecemento do mundo, coñecemento sociocultural e conciencia intercultural. O coñecemento do mundo fai referencia ó grao de percepción en termos xerais que nós temos da nosa realidade na que vivimos. Porén, o coñecemento sociocultural é moito máis concreto e complexo, xa que fai referencia específicamente a unha sociedade en concreto, que ten a súa propia idiosincrasia, composta por, entre outros factores, os seguintes: a vida diaria, as relacións persoais, os valores, crenzas e actitudes, a linguaxe corporal, as convencións sociais ou o comportamento ritual. Por último, a conciencia intercultural refírese á sensibilidade cultural con respecto a outra cultura. 

Sen embargo, tal e como vimos nas diferentes sesións, o coñecemento sociocultural e por conseguinte a conciencia intercultural tende en moitas ocasións a estar distorsionada por mor dos famosos estereotipos. Quero facer un inciso neste punto para destacar que me gustou moito o feito de que a profesora Carla empregara tanto infografías como vídeos para ilustrar esta parte, xa que fíxose moito máis ameno e produtivo. En concreto, pareceume un acerto o vídeo de Chimamanda Ngozi Adichie ("O perigo da historia única"). Eu xa o coñecía do grao, xa que o visualizara nunha materia relacionada coa literatura dos países africanos, e a verdade é que é un vídeo excepcional, xa que desmóntanse todos os mitos e estereotipos acerca de África. Isto faime pensar tamén noutra asignatura do grao sobre poscolonialismo, no que estudamos ó crítico Edward Said, e en concreto a súa obra máis célebre, Orientalism. Nesta obra fálase dos estereotipos que Occidente formula sobre Oriente, e é realmente curioso como se xeneraliza á hora de etiquetar unha cultura ou sociedade. 

Todo o relacionado cos estereotipos, obviamente, ten moita repercusión, e sobre todo hoxe en día co apoxeo das redes sociais e a sociedade globalizada en que vivimos. Como vimos na clase, existen artigos, viñetas cómicas, vídeos, ou mesmo libros que falan sobre estereotipos dun xeito certamentente humorístico. Lémbrome en concreto das Xenophobe's guides das que falara Carla na clase, ou das viñetas  sobre Galicia explicada ós non galegos baseadas tamén nos estereotipos do noso pobo. Gustaríame engadir o link a un vídeo dun Youtuber chamado Zorman que precisamente fixo unha canción un pouquiño ácida sobre os estereotipos dos españois, e que mesmo roza nalgúns intres a sátira ou o humor negro. Pero dende logo que non ten desperdicio!

Enlace do vídeo: https://youtu.be/kCkRVhC308E

Hai un tempo tamén experimentei unha anécdota moi graciosa cunha amiga mexicana, e que ten que ver con algún dos estereotipos que aparecen neste vídeo. Ela dicíame que antes de chegar a España pensaba que todos os españois sabían bailar flamenco, e tamén pensaba que as corridas de toros eran unha tradición en todos os rincóns de España. E nada máis lonxe da realidade; España é un país no que cada comunidade autónoma é unha realidade totalmente diferente, como ela ben puido constatar cando chegou a España.

Como comentei no comezo desta entrada, gustaríame tamén tratar brevemente outro aspecto que me resultou interesante nesta unidade: as correntes descriptivas e prescriptivas. As correntes prescriptivas crean e promoven un estándar lingüístico, que penso que é fundamental, xa que constitúe unha especie de 'koiné' que axuda a salvagardar a comunicación por enriba das variedades dialectais dunha lingua, que poden ser fortes. Pero o problema realmente radica en que a variedade estándar é considerada polos prescriptivistas como superior ou máis correcta que o resto de variedades da lingua. É por isto que eu quero posicionarme a favor das correntes descriptivas, xa que abogan pola diversidade dialectal e outorgan o mesmo valor a todas as diferenzas que existan nunha lingua. 

Por conseguinte, non existen variedades nin peores nin mellores, únicamente diferentes, e temos que respetar todas elas. Sempre existiu o prexuízo de que os británicos pronunciaban mellor que o resto dos falantes do inglés, ou o prexuízo de que a correcta pronuncia é moi importante. Pero todo isto non é certo. Lémbrome precisamente dalgún profesor ou profesora que tiven ó longo da miña etapa no instituto ou na universidade, que realmente non tiñan unha pronuncia perfecta, pero que quizais tiñan un dominio da lingua dos que outros non podían presumir. En resumo, as linguas serven para comunicar, e non importa se falas unha variedade ou outra.

Para concluir, a valoración desta última unidade de Carla é moi positiva, xa que tratamos temas realmente interesantes coas competencias, e sinceramente foi, dende o meu punto de vista, o tema máis levadeiro de todos os que vimos neste primeiro bloque.

2 comentarios:

  1. Ola Víctor, pareceume moi correcta e interesante a túa reflexión sobre os estereotipos e o seu efecto.

    É moi ineteresante como os esteretipos están dalgunha forma relacionados coas correntes prescriptivas, e, como ben indicabas, na obra "Orientalism" de Said fálase tamén de como se pode establecer unha relación de dominio a través das linguas, o que faime reflexionar sobre como é de importante optar polas correntes descriptivas.

    Felicítote pola túa entrada e as túas reflexións, unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tiven un error no log-in da cuenta, son Pablo Mouriño relova, o teu compañeiro de clase.

      Eliminar

Tema 11 Cristina Rodríguez Didáctica

Moi boas a tod@s! Esta entrada de blog vai estar adicada a facer unha análise e reflexión sobre o tema 11, referente á avaliación na aula de...