miércoles, 6 de enero de 2021

Tema 5 Gonzalo Constenla: dosier

Ola a tod@s! Benvidos a este segundo bloque da materia impartido polo profesor Gonzalo Constenla, no que vou tratar os temas 5, 6 e 7, mediante diferentes entradas de blog clasificadas en dosier e diario. Neste caso vou comezar polo dosier do tema 5. 

A verdade é que o tema 5, que versou sobre o deseño curricular e a distribución competencial, foi realmente interesante, pero é certo que tamén bastante denso. Empregouse durante toda a materia, tanto na parte de Carla Bouzada como nesta o traballo cooperativo, que dende o meu punto de visto foi un total acerto, xa que fixo a aprendizaxe moito máis amena. 

Para este tema 5 realizamos dúas presentacións; a primeira delas versaba sobre as linguas estranxeiras no bacharelato, e realizouse en pequenos grupos de 3 persoas, e a outra foi sobre a Escola Oficial de Idiomas.

Aquí podedes ver a primeira das dúas presentacións: 


Para elaborar esta presentación traballei con Anxo Loureiro e Belén Pedreira. Repartimos tarefas para axilizar o traballo, e eu encargueime de buscar información sobre os obxectivos xerais e os principios metodolóxicos con respecto ás linguas estranxeiras no bacharelato. Ó comezo custou un pouquiño, pero tendo en conta que foi a primeira presentación deste bloque, penso que o resultado foi bastante satisfactorio. Ademais, quero destacar o feito de que Gonzalo habilitase un documento en Drive para corrixir os nosos erros, xa que axudou moito para mellorar a calidade do traballo e para cotexar que o enfoque do traballo era o axeitado. 

Como xa comentei enriba, tamén fixemos outra tarefa para este tema 5 cuxa temática estaba relacionada coa Escola Oficial de Idiomas. Gonzalo asignáballe a cada alumno un aspecto a tratar sobre a mesma, e nunha presentación de Drive enchíamos as diapositivas coa información atopada. 

Deixo por aquí tamén a miña parte da presentación para que lle botedes unha ollada:


Nesta presentación, como podedes observar, tocoume a parte referente ó acceso e a matrícula para as EOI. Pareceume moi interesante traballar sobre este aspecto, xa que nunca estudei nunha EOI pero é algo que teño en mente facer o ano que ven, para a obtención dalgunha titulación oficial e a súa importancia na fase de concurso nas oposicións de secundaria, e polo tanto a información que tiven que analizar para realizar o traballo foi moi esclarecedora. Axudoume a coñecer información que eu descoñecía totalmente, como por exemplo que só se pode acceder á EOI se tes 16 ou máis anos (salvo as excepcións, que tamén hainas).

En resumo, as dúas presentacións deste tema 5 foron moi interesantes de preparar, e gustoume moito traballar cos compañeiros e despois expoñer os traballos oralmente diante da clase, aínda que fose de xeito online. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tema 11 Cristina Rodríguez Didáctica

Moi boas a tod@s! Esta entrada de blog vai estar adicada a facer unha análise e reflexión sobre o tema 11, referente á avaliación na aula de...